O primeiro Campionato do Mundo Feminino de Fútbol sala da historia xa ten data para a súa celebración. Terá lugar en Filipinas do 21 de novembro ao 7 de decembro do próximo ano 2025, segundo determinou a FIFA, e cara el miran xa tanto a Selección Española como dúas futbolistas do Poio Pescamar.
Laura Uña e Ale de Paz mantéñense nos plans da seleccinadora nacional, que as incluíu na súa lista de convocadas para os amigables que España disputará fronte a Portugal na localidade lusa de Rio Maior os días 17 e 19 de outubro.
Serán dous encontros nos que o combinado nacional preparará a fase de clasificación para o Mundial que deberá disputar no mes de marzo.
No que respecta ao Campionato do Mundo, convértese xa un soño ao alcance da man tanto para as dúas xogadoras do Poio Pescamar como para as futbolistas que fagan méritos para ser citadas pola Selección. Disputarano un total de 16 equipos.
Segundo o establecido no Consello da FIFA celebrado esta semana en Zúric, o formato do campionato será dunha fase inicial con catro grupos doutros tantos equipos e disputa posterior de cuartos de final, semifinais e final.
Filipinas como anfitrioa e Nova Zelandia teñen xa o seu billete mundialista asegurado, mentres que España o buscará en marzo na Rolda Elite na que oito selecciones pelexarán polas catro prazas reservadas para a UEFA.