Entrar nos postos de play-off polo título de liga converteuse en tarefa moi complicada para o Poio Pescamar, que a pesar de conseguir este domingo tres puntos de ouro fronte ao Ourense CF, ten o cuarto posto a unha distancia de 9 cando só restan 15 por disputarse.
O derbi, disputado na Seca, estivo marcado polo alto ritmo imposto por ambos os conxuntos, que acariñaron o gol en repetidas ocasións, pero non foron capaces de abrir a lata.
A máis clara protagonizouna Ana Rivera, pero o seu disparo á saída dun córner deu na madeira.
Co paso dos minutos foi facéndose coa posesión o cadro conserveiro, que ameazou a meta defendida por unha Sara Soares que resultou providencial para manter a portaría a cero, especialmente na recta final do primeiro tempo ao deter un disparo de Elena Aragón restaban 5 segundos para alcanzar o descanso.
O intermedio non cortou a dinámica do Poio Pescamar, que seguiu acumulando ocasións en busca dun primeiro tanto que chegou aos 27 de xogo. Ale de Paz interceptou a transición do Ourense e cedeu a Laura Uña para que puxese o 1-0.
Un minuto despois, a porteira brasileira evitou o segundo a disparo de Chuli.
Raquelilla estivo a piques de facer o empate á media hora, pero Elena desviou a córner.
Necesitaba o Poio o gol da tranquilidade, pero o disparo de Elena Aragón a pase de Candea foise fóra.
Pero cando restaban apenas tres minutos para a conclusión chegou o empate. Ana Rivera, á media volta, regaloulle o balón a Judith no segundo pau para que anotase o 1-1, obrigando ao equipo vermello a xogar con porteira-xogadora o que restaba de partido.
As conserveiras volveron pór a proba a Sara Soares, quen resultou providencial, pero nada puido facer para evitar o 2-1 a falta de minuto e medio para a conclusión. Laura Uña fixo un bloqueo ao bordo da área para crear espazo e Ale de Paz non o desaproveitou para aloxar o esférico na escuadra.
Os últimos minutos transcorreron sen apenas problemas para as locais, a pesar de que o Ourense atacou con cinco xogadoras.
Consulta a acta neste enlace

Partido entre o Poio Pescamar e Ourense CF na Seca