Aldara Vázquez, a pola súa 22ª temporada no Arxil

Pontevedra
22 de agosto 2022

A base da canteira alternará as súas participacións no primeiro equipo de Liga Feminina 2 con partidos co filial de Liga Nacional

Aldara Vázquez, no partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Magec Tías no CGTD
Aldara Vázquez, no partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Magec Tías no CGTD / Cristina Saiz

A canteirá do Arxil Aldara Vázquez continuará defendendo as cores de club pontevedrés unha tempada máis. Con ela cumprirá 22 cursos como xogadora do equipo verde, unha traxectoria ao alcance de moi poucas.

Ao longo do curso, a pontevedresa seguirá alternando as súas aparicións no primeiro equipo e no filial. A súa visión de xogo, o seu bo un contra un e o seu acerto nos lanzamentos desde o perímetro converten a Vázquez nunha aposta segura para a categoría. 

Así mesmo, compaxinará a súa faceta de deportista coa súa faceta profesional como fisioterapeuta. Un sacrificio, xunto co de colaborar en todas as actividades paralelas que organiza a entidade ao longo da tempada, que desde o club agradecen a todas as xogadoras.

Tras asinar o seu contrato lanzou unha mensaxe a toda a afección do Arxil. "Necesitámolos na bancada animando, son parte fundamental do equipo e agradecemos moito o seu apoio", rematou Aldara.