Aida Valiño e Pablo Dapena, gañadores do III Tríatlon Concello de Poio

Poio
06 de xullo 2013

Aída Valiño e Pablo Dapena, atletas do Wild Wolf Cidade de Lugo, foron os gañadores do III Tríatlon Concello de Poio, que se celebrou este sábado en Campelo e no que participaron 310 deportistas. Esta proba está incluída no Circuíto Galego de Tríatlon de categorías e ademais é clasificatoria para o Campionato Galego de 2013

Aída Valiño e Pablo Dapena, atletas do Wild Wolf Cidade de Lugo, foron os gañadores do III Tríatlon Concello de Poio, que se celebrou este sábado en Campelo e no que participaron 310 deportistas. Esta proba está incluída no Circuíto Galego de Tríatlon de categorías e ademais é clasificatoria para o Campionato Galego de 2013.

Na proba feminina, Aída Valiño era a favorita absoluta e cumpriu. Foi a primeira en todos os segmentos e chegou á meta cun tempo total de 1:04:15 segundos. A segunda posición foi para Silvia Veira (Arcade) que chegou a 5:32 tras unha boa remontada, mentres que Diana Cotón (Arcade Inforhouse) foi terceira a 06:16.

O resto das gañadoras na categoría feminina foron: Alicia Vila (Dexter Tríatlon) en cadete, Diana Cotón (Arcade Inforhouse) en júnior, Silvia Veira (Arcade) en sub 23, Belen Lemat (Wild Wolf Cidade de Lugo) en veterana 1 e o Arcade Inforhouse, na categoría de clubs.

Na proba masculina, tampouco houbo sorpresas, ao proclamarse vencedor do Tríatlon Concello de Poio un dos favoritos, Pablo Dapena, do Wild Wolf. Dapena foi o mellor no primeiro e no segundo segmento, mentres que na carreira a pe baixou o ritmo, ante a vantaxe que levaba. Así, entrou en meta cun tempo de 55:39, mentres que o segundo clasificado foi Luis Miguel Sánchez (Diablillos de Rivas), que chegou a máis dun minuto de diferencia (56:53). Ignacio Castro (Arcade Inforhouse) logrou a terceira posición cun tempo de 58:41.

O resto dos gañadores na categoría masculina foron: Raul García (Olímpico de Vedra) en cadete; Ignacio Castro (Arcade) en júnior; Santiago Santiago (A.D. Fogar); Adrián Castiñeiras (Náutico de Vigo) en veterán 1; Andrés López (Monte Abaixo) en veterán 2 e Tríatlon Morrazo foi o campión na categoría de clubs.

A carreira de Poio disputouse na modalidade de sprint, con 750 m de natación no mar, con saída dende o Porto de Campelo. A continuación os participantes realizaron 20 quilómetros do segmento de ciclismo e finalizaron coa carreira a pe de 5 quilómetros. O gran handicap da proba fue a calor reinante durante toda a xornada.