A AECC e o Leis Pontevedra márcanlle 'un gol ao cancro'

Pontevedra
12 de novembro 2024

A entidade deportiva e a asociación presentaron este martes un acordo de colaboración baixo a lema 'Márcalle un gol ao cancro'

Acordo de colaboración entre Stellae Leis Pontevedra e a AECC
Acordo de colaboración entre Stellae Leis Pontevedra e a AECC / PontevedraViva

Fomentar hábitos de vida saudables entre os mozos deportistas e as súas familias así como formalos sobre os perigos de condutas como o tabaquismo.

É o obxectivo principal do acordo subscrito polo Stellae Leis Pontevedra FS e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e que foi presentado este martes no Pavillón Municipal dos Deportes.

"Esperemos que sea el principio de algo que dure muchos años", sinalou José Barcala en representación do club deportivo.

Baixo o lema 'Márcalle un gol ao cancro', a AECC ofrecerá charlas e accións formativas para futbolistas de base e en idade sénior do Leis coas que ademais pretenden achegar o seu labor á mocidade.

"Vemos que hay una necesidad muy grande de informar de los perjuicios del tabaco o de nuevos dispositivos como los vapeadores", explicou Lola Andújar, técnica de prevención da AECC en Pontevedra sobre un dos puntos sobre os que centrarán as charlas formativas.

É así porque "detectamos un repunte", afirmou sobre o seu uso alertando dos perigos que iso supón.

No que respecta ao Leis, cedeu ademais un espazo na manga da súa camiseta de xogo para dar visibilidade á Asociación Española Contra o Cancro.

No acto de presentación desta colaboración estiveron tamén presentes a presidenta da AECC en Pontevedra, Ana García, e os futbolistas Nerea Pérez e Arturo Camima.