Adrián Freiría, fichaxe de 'urxencia' do Teucro

Pontevedra
09 de xaneiro 2020

O pivote, que estaba a proba desde a volta aos adestramentos do equipo teucrista o 2 de xaneiro, foi rexistrado e viaxará esta mesma fin de semana coa expedición teucrista a Cidade Real

Adrián Freiría, novo xogador do Teucro
Adrián Freiría, novo xogador do Teucro / SD Teucro

A inestabilidade instalouse na Sociedad Deportiva Teucro, que moveu ficha nas últimas horas para reforzar o seu plantel ante a falta de efectivos coa que se atopaba.

Á lesión de longa duración de Cisneros uniuse co inicio de ano a saída de Nikola Perovic, ausente desde o regreso aos adestramentos comunicando o club que estaba negociando a rescisión do seu contrato. Aínda por riba tampouco volveu Nemanja Bojicic, o que deixou aos azuis con só 8 xogadores de campo e 2 porteiros dispoñibles.

Ante esta situación Luís Montes recorreu a un vello coñecido, Adrián Freiría, recrutándoo a proba os últimos días primeiro e anunciado despois a súa fichaxe oficial ata final de tempada.

A confirmación chegou este xoves, sinalando o técnico que o pivote é "un jugador de mi plena confianza" tras coincidir con el catro tempadas en Porriño. Ademais xogou en equipos como Cisne, Chapela, Ibiza e A Cañiza aínda que actualmente estaba sin equipo por motivos laborais.

"Su estado de forma obviamente no es óptimo", recoñeceu o adestrador teucrista, pero "estoy seguro que terminará aportándonos mucho especialmente a nivel defensivo", sinalou sobre un xogador que ocupará o debido a que deixará vacante a previsible marcha de Bojicic.

Freiría, a pesar da súa falta de ritmo, entrou na convocatoria do Teucro para o primeiro partido do ano, que lle enfrontará este sábado ao Alarcos en Ciudad Real.