Adrián Esperón e Patricia Martínez, campións de España de baile deportivo por sétima vez

Pontevedra
15 de abril 2013

Adrián Esperón e Patricia Martínez seguen colleitando éxito tras éxito. A parella pontevedresa proclamouse por sétima vez campións de España de baile deportivo na súa modalidade estándar. A última vez conseguírono en Valencia

Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo
Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo

Adrián Esperón e Patricia Martínez seguen colleitando éxito tras éxito. A parella pontevedresa proclamouse por sétima vez campións de España de baile deportivo na súa modalidade estándar. A última vez conseguírono en Valencia.

Fixérono tras impoñerse a outras trinta parellas no Campionato de España celebrado este fin de semana no Pabellón Siglo XXI de Zaragoza e ao que asistiron unhas 6.000 persoas, todas elas afeccionados ao baile deportivo.

No campionato, organizado pola Federación Española de Baile Deportivo, participaron en total unhas 1.200 persoas. As eliminatorias da categoría na que participaban os pontevedreses empezaron con trinta parellas, chegadas de diferentes partes do país, chegando ás 21:30 da noite con seis parellas finalistas.

Todas elas disputaron unha final de moitos quilates polo seu elevado nivel con moita igualdade entre elas como así demostraron as puntuaciones finais.