Malas noticias para o Pontevedra Club de Fútbol en forma de lesión.
As probas médicas realizadas a Jesús Cambil, tras caer lesionado nun mal apoio nos minutos finais do Pontevedra-Salamanca, confirmaron o peor dos prognósticos posibles.
O centrocampista granate sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, ademais de ter unha afectación de grao I no ligamento lateral segundo confirma o parte médico feito público polo club pontevedrés.
"Devandita lesión levará tratamento cirúrxico e baixa deportiva de longa duración", sinala o citado parte.
En concreto tras a pertinente operación Cambil deberá estarde baixa entre seis e oito meses, polo que di adeus á tempada.
Trátase da segunda lesión grave no plantel do Pontevedra esta tempada, tras doenza similar sufrida por Churre.
Jesús Cambil afrontaba este curso a súa primeira tempada en Pasarón, tras chegar no verán procedente do Guijuelo, participando até a data en 13 partidos de liga pero gañando cada vez máis maior protagonismo no equipo.
Co mercado de inverno ao virar a esquina, o Pontevedra deberá valorar agora si reforzarse para afrontar esta baixa no que queda de curso.