Adestramentos de boxeo gratuítos en Marín co Team Thunder

Marín
27 de xullo 2024

O Team Thunder non para a súa actividade durante o verán e permitirá adestrar de maneira gratuíta a todos os nenos e nenas menores de 16 anos que o desexen

Deportistas do Team Thunder co boxeador Guanyar
Deportistas do Team Thunder co boxeador Guanyar / Team Thunder

O Team Thunder non para a súa actividade durante o verán e permitirá adestrar de maneira gratuíta a todos os nenos e nenas menores de 16 anos que o desexen.

Será os luns, mércores e venres no pavillón da Raña, onde poderán adestrar boxeo sen contacto.

Desde o club marinense destacan que na tempada estival a actividade para adultos continúa todos os días ás 10:00 horas e as tardes de luns a xoves ás 20:30 horas.

Todos os adestramentos van desde a iniciación ata o perfeccionamento adaptándose ao 100% ao nivel requirido. 

Este ano o club destacou no panorama galego e nacional por ser un dos máis laureados a nivel competitivo, logrando un total de tres campionatos de España e dous subcampionatos.

Os obxectivos do club, iso si, están enfocados "no deporte e a saúde", onde o 90% de público que acode faio "pola súa saúde e para estar en forma".