A selección española de fútbol sala feminino volverá ter, unha vez máis, acento pontevedrés. A seleccionadora Claudia Pons fixo pública este luns a lista de convocadas e entre as elixidas están as pontevedresas Jenny Lores e Silvia Aguete, así como a exxogadora do Poio Pescamar Ale de Paz e a actual futbolista do conxunto conserveiro Luci.
A lista está composta polas 14 xogadoras que comezarán a preparar o asalto ao Europeo previsto para o próximo mes de marzo, no que España terá que defender o seu título.
O combinado concentrarase a partir do 23 de novembro en Estremadura para un dobre enfrontamento contra Portugal, ao que derrotaron naquela final en Gondomar por 0 a 4, que terá lugar o día 23 en Navalmoral de la Mata e o día 25 en Almendralejo. Ambos os choques comezarán ás 19 horas e poderanse seguir en directo pola canle Teledeporte.
Completan a convocatoria, as xogadoras do Burela Irene, Peque e Dany, así como Cris, Isa García, Laura, Ana Luján, Melli, Amelia e Irene.