A carreira popular 'PontealDU', integrada dentro da estrutura do Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra, abriu o seu prazo de inscrición.
Ata o próximo 23 de maio ás 23:59 horas todos os deportistas afeccionados interesados poderán anotarse nun dúatlon aberto a federados e non federados cunha cota de 40 euros.
O 'PontealDU' disputarase o domingo 1 de xuño dende as 10:15 horas sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pé, 20 quilómetros de bicicleta e 2,5 de novo a pé) para deportistas en idade júnior, sub-23, sénior e veteráns.
A inscrición pode formalizarse a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org.
Esta carreira popular terá ademais un compoñente solidario, pois se organizará unha recollida de alimentos non perecedoiros en favor do Comedor Social de San Francisco.