Aarón González retoma a competición cunha concentración en Andalucía

Marín
22 de agosto 2019

A escola deportiva que dirixe o púxil marinense pechou o ano como a máis numerosa do boxeo en España, logro que influíu na concesión do campionato de España infantil á vila marinense

Aarón González, na velada de boxeo do Barco de Valdeorras
Aarón González, na velada de boxeo do Barco de Valdeorras / Team Thunder

O boxeador marinense Aarón González volve subirse ao cuadrilátero despois de quince días de parón estival. O deportista do Team Thunder viaxará a Andalucía no mes de setembro onde ten fixados diversos compromisos, o torneo internacional da Amizade, de Cádiz, será o primeiro.

O púxil galego recibiu ademais a chamada do ximnasio Don Príncipe de La Línea de la Concepción para realizar un intercambio deportivo nesta cidade. González rea lizará varias sesións de sparring con boxeadores andaluces e, ao mesmo tempo, formará a varios deportistas. Tras longas experiencias de adestramentos en centros de Cuba e Estados Unidos, o boxedor galego considera que chegou a hora de transmitir ás novas xeracións os coñecementos adquiridos.

En Marín, a escola de boxeo que dirixe Aarón González pechou o curso como o centro de formación de deportistas de base máis amplo do boxeo español. Un logro que resultou decisivo para conceder a Marín a organización do campionato de España de boxeo infantil. O novo curso arrincará en setembro no pavillón da Raña.