Aarón González confirmou o seu bo momento nunha veleda celebrada a pasada fin de amana na localidade andaluza de La Línea de la Concepción.
O boxeador marinense do Team Thunder participou na homenaxe ao promotor andaluz Antonio de la Rosa, nunha noite no que estaban programados ata 12 combates, seis de boxeo olímpico e outros seis de categoría profesional.
O combate que pechou a parte amateur da velada foi o de Aarón, que se impuxo a David Espinosa.
O dominio foi claro desde o inicio, desgastando ao seu rival no segundo asalto con golpes á zona hepática e deixándoo ao bordo do K.O. no terceiro, todo iso a pesar da batalla que presentou Espinosa.
Un resultado que reforza a moral do marinense antes de afrontar os próximos retos da tempada.