A XVIII Milla Urbana de Sanxenxo quenta motores

Sanxenxo
22 de agosto 2017

A proba deportiva disputarase o vindeiro domingo 27 de agosto a partir das 12:00 horas no Paseo de Silgar

XVI Milla Urbana de Sanxenxo
XVI Milla Urbana de Sanxenxo / Diego Torrado

Sanxenxo prepárase para despedir un ano máis o mes estival por excelencia, agosto, cunha festa do deporte, a da Milla Urbana que chega nesta ocasión á súa XVIII edición.

A proba deportiva disputarase o vindeiro domingo 27 de agosto a partir das 12:00 horas no Paseo de Silgar, aspirando a congregar centos de atletas de todas as idades.

Ao tratarse dunha proba federada, aínda que a inscrición será de balde ata as 23:59 horas do xoves debe formalizarse a través da web www.carreirasgalegas.com.

A categoría absoluta repartirá 1.950 euros en premios entre os cinco primeiros clasificados.

Ademais dos senior tamén os deportistas veteranos e en idade promesa e xuvenil completarán os 1.609 metros de percorrido, mentres que os atletas cadetes, infantís e alevíns afrontarán un percorrido de 800 metros e os máis pequenos, os prebenxamíns e benxamíns correrán 400 metros.