A Xunta reivindica desde o CGTD os ensinos deportivos como unha opción académica e profesional "de calidade"

Pontevedra
20 de febreiro 2024

O conselleiro de Educación en funcións visitou este martes o alumnado do ciclo de fútbol e balonmán que completa a súa formación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra  

Visita do conselleiro de Educación ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Visita do conselleiro de Educación ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva / Xunta de Galicia

O conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez, visitou este martes o alumnado do ciclo de fútbol e balonmán que completa a súa formación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Na visita o responsable do goberno galego reivindicou os ensinos deportivos "como unha opción académica e de saída profesional de calidade".

Cabe destacar que estes alumnos que se forman no CGTD dependen academicamente do Instituto IES Sánchez Cantón.

Actualmente o CGTD de Pontevedra, a través do Sánchez Cantón, é un dos centros formativos de referencia na comunidade no ámbito deportivo, con cursos como a titulación oficial de grao medio e de grao superior de Técnico Deportivo en Fútbol e Balonmán, que actualmente estudan 101 alumnos.