A xogadora do Arxil Nena Trajchevska recibe a chamada da súa selección, Macedonia do Norte

Pontevedra
02 de febreiro 2023

A arxilista é capitá da súa selección, encadrada no mesmo grupo que España, e enfrontarase os días 9 e 12 de febreiro a Bosnia e Bélxica

A xogadora do Arxil Nena Trajchevska coas súas compañeiras de Macedonia do Norte
A xogadora do Arxil Nena Trajchevska coas súas compañeiras de Macedonia do Norte

A xogadora do CB Arxil Nena Trajchevska foi convocada coa selección de Macedonia do Norte para a disputa de dous encontros de clasificación para campionatos internacionais.

A baloncestista, que é capitá da selección, participará nos encontros previstos para os días 9 e 12 de febreiro contra Bosnia e Bélxica. 

"Estamos moi contentos con esta convocatoria e desexamos moita sorte a nosa xogadora", explican desde o Arxil lembrando que a selección macedonia está encadrada no mesmo grupo que España.