A xaponesa Yotsui Saki, nova xogadora do Poio Pescamar

Poio
11 de outubro 2023

Despois de moito buscar, o Poio Pescamar atopou ao fin o reforzo que pretendía tras a lesión na pretempada de Anna Escribano

Yotsui Saki, nun partido co Burela
Yotsui Saki, nun partido co Burela

Despois de moito buscar, o Poio Pescamar atopou ao fin o reforzo que pretendía tras a lesión na pretempada de Anna Escribano.

Trátase da internacional xaponesa Yotsui Saki, ala de 27 anos e que se converte no cuarto reforzo do curso nas filas conserveiras.

Será a segunda experiencia europea da futbolista nipoa, que o pasado mes de marzo aterrou en Burela tras seis tempadas no Bardral Urayasu do seu país, equipo co que se proclamou campioa de liga en dúas ocasións.

Saki xa se exercitou este martes coas súas novas compañeiras e está previsto que poida debutar co Poio Pescamar no próximo partido de liga, coa visita o domingo á cancha do Viaxes Amarelle.