A versión 3.0 do Pontevedra estréase no feudo do Atlético de Madrid B

Pontevedra
22 de febreiro 2020

O conxunto granate estrea este domingo (12:000 horas, Cerro do Espino) a etapa de Jesús Ramos como titular do banco e faio visitando o segundo clasificado co obxectivo de romper canto antes a mala serie de resultados

Adestramento do Pontevedra en Cerponzóns
Adestramento do Pontevedra en Cerponzóns / Cristina Saiz

Difícil estrea a que lle espera este domingo (12:00 horas, Cerro de Espino) ao Pontevedra Club de Fútbol 3.0, con Jesús Ramos á fronte da nave en substitución de Carlos Pouso.

Os malos resultados das últimas semanas, con 3 puntos sumados dos últimos 24 posibles, provocaron o cambio no temón da nave, e agora o obxectivo é romper esa mala serie canto antes, por moito que o rival sexa o actual segundo clasificado.

O filial colchoneiro suma 51 puntos, 20 máis que un conxunto granate que está empatado co posto de play-out pola permanencia e que necesita un bo resultado para recobrar a confianza.

"Vamos a tener que ser expeditivos, porque como sean capaces de recuperar la pelota y correr nos pueden hacer mucho daño", analiza Ramos sobre o próximo rival.

O adestrador pontevedrés avanzou o venres que introducirá cambios no once. Un é obrigado, pola ausencia por sanción de Álex Fernández, pero non quedarán aí podendo afectar mesmo o sistema de xogo.

Tampouco viaxan a Madrid por lesión Berrocal e Campillo, pero si entra por primeira vez na lista Adrián Cruz superados os problemas musculares cos que aterrou no mercado de inverno.

O colexiado do encontro será o estremeño Francisco José Hernández Maeso.