A vermella Marta Peñalver estará oito meses de baixa por unha grave lesión de xeonllo

Poio
04 de abril 2023

A xogadora do Poio Pescamar sofre unha rotura do ligamento anterior e do menisco interno do seu xeonllo dereito como consecuencia dun golpe sufrido no último partido contra o Alcantarilla

Marta Peñalver nun partido de liga entre Poio Pescamar e Roldán na Seca
Marta Peñalver nun partido de liga entre Poio Pescamar e Roldán na Seca / Cristina Saiz

O peor presaxio cumpriuse e a xogadora do Poio Pescamar Marta Peñalver di adeus á tempada. As probas confirman que sofre unha rotura do ligamento anterior e do menisco interno do seu xeonllo dereito que a obrigarán a pasar polo quirófano e a permanencer polo menos seis meses de baixa.

Desde o club e desde o vestiario móstranse consternados pola mala noticia e desexan unha pronta recuperación a unha das xogadoras máis destacadas da escuadra de Poio, que bateu precisamente no partido no que se lesionou a súa xogadora, o seu récord histórico de vitorias e puntuación nunha liga. 

A lesión prodúxose nunha acción na que a conserveira disputaba un balón dividido cunha rival coa mala fortuna que o golpe recibido no xeonllo produciulle unha das lesións máis graves que pode padecer unha futbolista.

O período de recuperación, sempre que non haxa complicacións, varía entre os seis e oito meses. Mentres tanto, as súas compañeiras de equipo tratarán de dedicarlle a primeira clasificación do equipo para a final a catro polo título, principal obxectivo das da Seca esta tempada.

Mentres que o obxectivo de Peñalver será o de comezar o seu período de recuperación tan pronto como pase polo quirófano co obxectivo de volver á competición a finais de ano.