A última ficha sénior do Pontevedra xa ten dono: o extremo Dalisson de Almeida

Pontevedra
13 de agosto 2023

O Pontevedra CF fixo oficial este domingo a chegada do hispano-brasileiro Dalisson de Almeida e adxudica así a súa última ficha sénior  

Dalisson de Almeida, nova fichaxe do Pontevedra
Dalisson de Almeida, nova fichaxe do Pontevedra / Pontevedra CF

O Pontevedra CF fixo oficial este domingo a chegada do hispano-brasileiro Dalisson de Almeida e adxudica así a súa última ficha sénior.

O extremo de 23 anos chega procedente do Rayo Cantabria de Segunda Federación, onde xogou 26 partidos, marcou seis goles e deu seis asistencias.

Antes de chegar a terras santanderinas, o mozo xogador estivo durante dúas tempadas no Valladolid Promesas, unha delas a do descenso de Primeira Federación (21/22).