A Selección Española Sub-15 convoca a Lía Ayestarán do Poio Pescamar e Sara Couso de La Peña

Marín
03 de maio 2023
Actualizado: 18:10

Ambas xogadoras acaban de ser convocadas para unhas xornadas de tecnificación na que participarán 22 futbolistas de todo o país

Lía Ayestarán, nunha convocatoria coa Selección Galega
Lía Ayestarán, nunha convocatoria coa Selección Galega / Poio Pescamar FS

Os técnicos da Real Federación Española de Fútbol puxeron os seus ollos nunha xoven promesa do Poio Pescamar e outra do CD La Peña de Marín.

Trátase de Lía Ayestarán, xogadora viguesa que leva xa varias tempadas na estrutura do club vermello, e da marinense Sara Couso, que acaban de ser convocadas pola Selección Española Sub-15.

Ayestarán e Couso son dúas das 22 futbolistas incluídas na primeira lista oficial do combinado nacional Sub-15, dirixido polo adestrador Iñigo Martínez.

As representantes do fútbol sala pontevedrés participará desta forma, entre o 14 e o 17 de maio, nunhas xornadas de tecnificación que se desenvolverán na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Nelas está previsto realizar catro sesións de adestramento e un partido.