A Secretaría Xeral para o Deporte concede 144 bolsas para adestrar no CGTD

Pontevedra
05 de setembro 2019

As bolsas corresponden a 95 deportistas de  tecnificacion e 44 de alto rendemento dun total de 12 modalidades deportivas

Pablo Dapena, recibe bolsa para adestrar no CGTD no curso 2019-2020
Pablo Dapena, recibe bolsa para adestrar no CGTD no curso 2019-2020 / Mónica Patxot

A Secretaría Xeral para o Deporte acaba de facer pública a resolución das solicitudes das prazas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2019-2020 co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento. 

As doce modalidades deportivas que contarán con prazas no CGTD para o próximo curso son atletismo (marcha e lanzamentos), bádminton, ximnasia acrobática, judo, loita, kárate, natación, piragüismo, remo, taekwondo, tríatlon e #ver.

Deste xeito concédense un total de 144 prazas, das que 95 son para deportistas de tecnificación (86 residentes e 9 externos) e 49 prazas para deportistas de alto rendemento (12 residentes, 21 externos e 16 de elite).

Entre os novos bolseiros para o próximo curso destacan os nomes dos triatletas Pablo Dapena e Carmen Gómez Cortés. Con todo, a listaxe non é aínda definitivo e fontes do CGTD aseguran que haberá novas incorporacións.