O plantel do Club Cisne Balonmán está xa deseñado para o novo reto que se lle presenta esta próxima tempada na División de Honra Prata.
A entidade pontevedresa confirmou este martes unha renovación máis, a de Carlos Ocaña, que pon a guinda á nómina de xogadores que estarán adestrados por Jabato.
A pesar da súa mocidade o primeira liña manchego, internacional xuvenil e que se atopa preparando con España o próximo Mundial da categoría, protagonizou unha notable estrea na Liga Asobal o pasado curso, participando en 26 partidos e achegando 35 goles.
Agora aspira a seguir crecendo nun club no que aterrou hai dous anos en categorías inferiores e que lle deu a oportunidade de debutar na elite nacional.
"Quero dar as grazas tanto á afección como á miña familia polo apoio durante estes dous anos. Darlle as grazas tamén tanto ao corpo técnico e directiva por confiar en min un ano máis", explicou o propio Ocaña tras darse a coñecer a súa renovación.
RENOVACIÓN | Hoy es el turno de la renovación de uno de nuestros #hispanosjuveniles , el ciudadrealeño Carlos Ocaña. Nos seguiremos deleitando con sus highlights una temporada más. pic.twitter.com/CJoCery83t
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 25, 2023
Con el son 18 os xogadores confirmados para a próxima tempada, xunto a Marko Ojeda, Carlos Pombo, Román Arboleya, Carlos Morales, Diego López Mora, Abián Rodríguez, Martín Santos, Alejandro Conde, Javi Vázquez, Bruno Vazquez, Dani Serrano, Iván Calvo, Roney Franzini, Gualther Furtado, Mateo Arias e os fichados Rubén Etayo e Alberto Delgado.