A "recuperación asombrosa" do Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
06 de outubro 2021

Despois dunha tempada en branco sen competir pola covid, o club pontevedrés incorporou durante o mes de setembro 35 novos xogadores e xogadoras aos seus equipos chegando á cifra de 115 deportistas federados e superando todas as súas previsións

Equipo do Waterpolo Pontevedra no I Torneo Luso-Galaico
Equipo do Waterpolo Pontevedra no I Torneo Luso-Galaico / Club Waterpolo Pontevedra

Despois dunha tempada en branco sen competir pola covid, o Club Waterpolo Pontevedra recuperouse en tempo récord.

Poucos na entidade pontevedresa esperaban vivir o que cualifican como unha "recuperación asombrosa", ao sumar durante o mes de setembro a 35 novos xogadores e xogadoras para os seus diferentes equipos disparando a cifra de licenzas ata os 115 deportistas federados.

Trátase dunha cifra que fai ver o futuro do club con optimismo e á que habería que sumar as xogadoras sénior cedidas ao CW Pabellón Ourense e aos alumnos da escola deportiva municipal de Marín.

Entre as novas incorporacións destacan nove mozas para impulsar o proxecto feminino, xunto ás 12 prazas da escola deportiva municipal e tamén a chegada de catro xogadores absolutos procedentes de varios lugares de España e con experiencia no CW Cartagena, CN La Latina, CN Metropole e CN Jerez.

TORNEO LUSO-GALAICO

Dentro das actividades do Waterpolo Pontevedra, destacou nos últimos días a participación do seu equipo sénior masculino no I Torneo Luso-Galaico Masculino de  Waterpolo organizado pola Asociaçao de Nataçao do Norte de Portugal e da Federación Galega de Natación, unha cita que achegou unha gran experiencia para os deportistas pontevedreses, ansiosos de competición.

En total disputaron cinco partidos logrando tres triunfos, un empate e dúas derrotas,