A 'Rara, pero San Silvestre' supera o milleiro de rexistrados

Pontevedra
11 de xaneiro 2021

A falta de poucos días para a súa conclusión, a particular edición da San Silvestre Pontevedra supera os 10.000 quilómetros percorridos polos seus participantes nos diferentes itinerarios previstos

Saída simbólica da 'Rara, pero San Silvestre'
Saída simbólica da 'Rara, pero San Silvestre' / Mónica Patxot

Un dos obxectivos do 'Rara pero San Silvestre' cumpriuse nos últimos días, a de superar os 1.000 rexistrados na popular proba, que nesta edición  reformuloude para adaptarse á pandemia e á que aínda lle faltan uns días para chegar ao seu fin.

Ata o 15 de xaneiro pódese participar no evento organizado pola Sociedad Gimnástica coa colaboración do  Servizo Municipal de de  Deporters do  Concello, dándose de alta na web do club atlético (www.sgpontevedra.com).

Ademais do milleiro de rexistrados, os participantes completaron xa máis de 10.000 quilómetros polos diferentes itinerarios habilitados.

A Illa das Esculturas, seguida da Senda do Lérez, son os dous roteiros que acumulan un maior número de quilómetros completados, pero á zaga séguenlle o resto de opcións: A Xunqueira de Alba, ponte do Burgo-ponte das Correntes, miradoiro da avenida de Marín-ponte dos Tirantes, Alameda, Senda do Gafos, O Gorgullón, Miradoiro de Monte Porreiro e o Pontillón do Castro (3.360 metros).