O Club Waterpolo Pontevedra recibiu unha grata noticia coa convocatoria de Irene Esteban Teijeira para participar nunha concentración nacional organizada pola Real Federación Española de Natación.
A xogadora cadete do club pontevedrés foi seleccionada xunto a outras 26 mozas de toda España.
Será ademais una das máis novas do equipo, debido a que só seis, ela incluída, están no seu primeiro ano na categoría.
Irene desprazarase a Valencia para participar nestas xornadas de tecnificación nacional que terán lugar do 12 ao 15 de outubro.
Trátase do primeiro xogador do Waterpolo Pontevedra que acode a unha concentración nacional desde o ano 2011, cando o fixesen Marina Casado e Pablo Seoane.