O Club Cisne Balonmán presentou este mércores a súa nova campaña de abonados, que protagonizan as integrantes do recentemente creado equipo infantil feminino da entidade.
"Por elas. Novas batallas, mesmos obxectivos", reza o lema dunha campaña coa que a entidade pontevedresa busca consolidar a masa social gañada tras o paso do equipo pola Liga Asobal.
"Esta campaña está baseada no esforzo que imos facer co club coa parte feminina", explicou o presidente da entidade, Santiago Picallo, confiando en que a estrutura feminina poida ir aos poucos asentándose e crecendo.
En canto aos abonos "baixamos de categoría e como é lóxico axustamos os carnés á baixa", defendeu o dirixente.
Así quedan os prezos da campaña de socios do Club Cisne:
- Público adulto: 100 euros
- Xubilado: 55 euros
- Universitario: 55 euros
- Xuvenil: 30 euros
- Simpatizante (dereito a 4 partidos): 25 euros
- Familiar: 180 euros
- Familiar base: 170 euros
- Socio Protector: 300 euros