A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños acollerá o sábado 9 e o domingo 10 de marzo o Campionato Galego de Inverno de Nivel de Natación Artística.
A cita, que foi presentada este luns no Concello de Pontevedra, supoñerá "un ensayo del Campeonato de España de finales de mes", sinalou a presidenta do Galaico Sincro, Belén Álvarez, acompañada da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
"Es la primera vez que tiene una duración más larga", sinalou Álvarez, pasando a dous días de competición que se iniciarán o sábado 9 pola mañá coa parte técnica continuando pola tarde e o domingo coas rutinas en categorías alevín, infantil e júnior.
En Pontevedra daranse cita 128 nadadoras de 6 clubs da comunidade, cos locais Galaico Sincro e Natación Sincronizada Pontevedra, o RCN Vigo, Sincro Ourense, Sincro Ferrol e Portamiña de Lugo.