O Pontevedra non estará só en Santiago. O equipo granate quere dar caza ao líder Unión Adarve e para logralo debe sumar os tres puntos este domingo, a partir das 17 horas, ao Compostela no seu feudo. Toda axuda é necesaria, por iso tanto o club como o grupo de animación Siareirxs Granates convidan á afección para apoiar ao equipo anten unha cita tan transcendental.
O club foi o primeiro en dicidirse á convocatoria dunha viaxe organizada. Ofrecen desprazamento gratuíto en autobús e entradas a 15 euros. Polo momento xa esgotaron asignado a metade dos asentos, pero aínda quedan prazas dispoñibles. Os interesados deben acudir ás oficinas de Pasarón para facerse co seu pase.
O autocar ten previsto partir ás 15 horas desde o Pavillón Municipal e regresar ao termo do encontro.
Con todo, para aqueles que queiran aproveitar o desprazamento para gozar dunha mañá na capital compostelá, o grupo de animación Siareirxs Granates propón encher un vagón de tren con persoas vestidas de granate.
"Covocamos á xente do grupo a viaxar xuntos a Compostela este domingo, e como para nós viaxar implica non ir directos ao estadio, a nosa idea é ir no tren das 11.15 horas para vivir un gran día de granatismo acompañando ao equipo", propoñen desde o colectivo a través das súas redes sociais.
O punto de encontro serán a contorna da Facultade de Historia, na zona vella santiaguesa, desde onde partirán cara ao estadio Vero Boquete. O regreso realizarase tamén en tren ao finalizar o partido.
Coa intención de axilizar os trámites, desde Siareirxs Granates piden aos interesados que acudan ás oficinas do club ao longo da presente semana para adquirir alí a entrada para o partido.