Despois da suspensión de numerosas actividades deportivas con motivo do coronavirus, a última en caer afecta directamente a Javier Gómez Noya.
O triatleta olímpico, que se estaba preparando para os Xogos Olímpicos de Tokio en Pontevedra, tiña previsto participar nas dúas primeiras probas das World Series: a primeira en Abu Dhabi, xa posposta, e a segunda en Bermudas, o próximo 18 de abril.
Con todo, debido á rápida propagación do COVD-19, a Xunta Executiva da ITU tomou a decisión de suspender todas as actividades do mundial de tríatlon a partir do luns 16 de marzo, pero emprenderán accións adicionais con respecto á clasificación olímpica e paralímpica en caso de ser necesario.
Desta maneira, ven afectadas todas as actividades clasificatorias mundiais, olímpicas, de paratriatlón e paralímpicas ata o 30 de abril para así manter a seguridade de todo o persoal involucrado.