A importancia da preparación específica de porteiros, a escena en Príncipe Felipe

Pontevedra
17 de xuño 2019

Medio cento de gardametas participarán entre o 24 e o 28 de xuño no segundo campus 'Keeper Camp Azero Cidade de Pontevedra', que foi presentado este luns na  Deputación

Presentación do segundo campus 'Keeper Camp Azero Cidade de Pontevedra'
Presentación do segundo campus 'Keeper Camp Azero Cidade de Pontevedra' / PontevedraViva

O Pazo Provincial da  Deputación de Pontevedra foi escenario este luns da presentación do segundo campus 'Keeper Camp Azero Cidade de Pontevedra'.

Este campus, que pretende poñer en valor a figura do gardameta no fútbol, contará coa dirección de Alberto Domínguez, porteiro do Coruxo, e a participación de Edu Sousa, capitán do Pontevedra Club de Fútbol, ademais de con o adestrador Toño Rodríguez (EF Portero 2000).

"Preocúpanos o que pasa dentro do campo pero tamén fóra", explicou ante os medios de comunicación Domínguez, xa que "creo que hai moitos nenos que levan moi mal o de perder e encaixar goles".

Ese aspecto formativo, a nivel anímico, será un dos aspectos nos que farán especial atención do 24 ao 28 de xuño na Cidade Infantil de Príncipe Felipe, onde levará a cabo o campus con xornadas de 10:00 a 19:00 horas.

"Eu creo que xogamos a outro deporte", completou o seteiro do Coruxo, no que hai que aprender tanto a recibir goles como críticas para seguir gozando do xogo, que é do que se trata.

Na segunda edición desta iniciativa de verán apuntáronse medio cento de nenos e nenas de 7 a 16 anos de idade.