A imaxe do ITU Multisport Festival 2019, de estrea en Avilés

Pontevedra
04 de xuño 2016

O mundial de dúatlon que se disputa na localidade asturiana serve do estrea para a campaña de promoción do ITU Multisport Festival que recalará en Pontevedra en 2019, traendo á cidade de Lérez catro dos campionatos do Mundo organizados pola Federación Internacional de Tríatlon

Campaña promocional do ITU Multisport Festival 2019 en Avilés
Campaña promocional do ITU Multisport Festival 2019 en Avilés / Concello de Pontevedra

Aproveitando o Mundial de Dúatlon que se disputa durante esta fin de semana na localidade asturiana de Avilés, Pontevedra estrena a campaña de promoción do que será o gran evento deportivo do ano 2019, o ITU Multisport Festival.

Na cidade de Lérez celebraranse nesa data os mundiais do dúatlon, acuatlón, tríatlon de longa distancia e tríatlon cros.

Por ese motivo, aproveitando a presenza en Avilés de preto de 2.000 deportistas, danse os primeiros pasos publicitarios. Cada un dos atletas recibirá en Asturias un folleto informativo do ITU Multisport Festival de Pontevedra.

Ademais montouse un espazo informativo no Centro Niemeyer, con imaxes da cidade e das competicións que se celebraron ata a data.

A imaxe promocional do ITU Multisport Festival baséase no logotipo habitual das competicións de tríatlon que se disputan en Pontevedra adaptando á fórmula multideportiva, con alusións cromáticas a cada unha das especialidades.

"Pontevedra, city of triathlon" e "All in Pontevedra" son as mensaxes incluídas nunha campaña que se desenvolve integramente en inglés.