Máis dunha semana despois da súa celebración, a satisfacción segue sendo máxima en Pontevedra por como transcorreu a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, un reto maiúsculo a nivel organizativo e dunha enorme transcendencia.
Así se adiviña de feito nas cifras dadas a coñecer pola Federación Española de Tríatlon, e que deixan ver a magnitude do que foi o maior evento deportivo da historia da Boa Vila.
Máis aló dos 2,8 millóns de euros de orzamento, para facelo posible foi necesaria a implicación directa de ata 1.500 persoas, que traballaron para que todo saíse á perfección. Aí inclúense 100 membros do staff organizativo divididos en áreas de traballo (coordinación xeral, montaxe de circuítos, áreas de competicións e administración, márketing, comunicación, sustentabilidade…). Ademais contouse con preto de 800 voluntarios en diferentes labores e máis de 700 fectivos da Brilat e Escola Naval de Marín centrados no labor de seguridade xunto a outras 20 persoas distribuídas nos controis de acceso e seguridade das sedes.
A seguridade foi de feito una das obsesións, con máis de 4.000 valos despregados pola cidade. Nelas despregáronse ata 3.000 metros de lonas publicitarias e colocáronse máis de 5.000 metros cadrados de moqueta. Ademais, tres grandes pantallas, unha delas de máis de 50 metros cadrados, ofrecían información e imaxes ao público asistente.
A este despligue súmanse os 80 profesionais trasladados a Pontevedra dentro do operativo de Radio Televisión Española para a retransmisión das principais carreiras, e os máis de 100 xornalistas acreditados para seguir a Gran Final en vivo.
Doutra banda a nivel deportivo a organización cifra en case 3.000 os deportistas que competiron en Pontevedra, procedentes de 63 países. Para eles principalmente foron destibadas ata 50.000 botellas de auga, máis de 21.000 refrescos, máis de 1.000 litros de bebida isotónica, máis de 2.500 pezas de froita, máis de 3500 barritas enerxéticas ou máis de 1500 donuts e 300 empanadas.
A todos estes números se sumço finalmente un dos máis importantes, a do apoio cidadán, e é que se estiman en 40.000 as persoas que viviron en directo nas rúas de Pontevedra a carreira elite masculina o sábado 23 de setembro, unha cifra lixeiramente maior á do domingo, que foi igualmente espectacular.