A Gladiator Race de Pontevedra supera os 1.300 inscritos en só catro días

Pontevedra
31 de xullo 2015

O período de inscricións abriuse o pasado luns 27 de xullo e xa se reservaron case a metade das prazas habilitadas. Esta particular proba de obstáculos e resistencia disputarase no ámbito da Illa das Esculturas o próximo 24 de outubro

Gladiator Race en Santiago de Compostela
Gladiator Race en Santiago de Compostela /

O prazo de inscrición abriuse o pasado luns, 27 de xullo, e os pontevedreses responderon con entusiasmo á chamada da Gladiator Race.

En só catro días foron máis de 1.300 persoas as que confirmaron a súa presenza neste particular proba deportiva, que combina resistencia e obtáculos e se celebrará en Pontevedra o próximo 24 de outubro.

Esta cifra supón achegarse á metade das prazas dispoñibles cando restan dous meses e medio para o evento, xa que tras o éxito obtido en Santiago de Compostela, a organización decidiu habilitar 2.880 prazas na cidade de Lérez.

A Gladiator Race disputarase no ámbito da Illa das Esculturas nun circuíto de 8 quilómetros que contará con entre 25 e 30 obtáculos naturais.

Os participantes afrontarán o percorrido repartidos en 16 quendas de 180 persoas cada unha e 20 minutos de diferenza na súa saída, empezando ás 12:00 horas e coa última saída ás 17:00 horas.