A Gimnástica xuvenil masculina lévase o primeiro posto do Campionato de Galicia de Clubes

Pontevedra
20 de maio 2015

O equipo masculino júnior da Sociedad Gimnástica de Pontevedra logra o primeiro posto do Campionato de Galicia de Clubs. Ademais, os atletas Jorgue Puig, Sergio Paredes, Darío Costas e Emma Ramoslograron as mínimas para o campionato nacional xuvenil

Ángel Vargas, atleta da Gimnástica
Ángel Vargas, atleta da Gimnástica / Sociedad Gimnástica

O equipo masculino júnior da Sociedad Gimnástica consegue o primeiro posto no Campionato de Galicia de Clubs tras seis anos sen alcanzar a posición máis alta do podio. Os 147 puntos que lograron coas 20 probas disputadas colocáronlles por enriba do Lucus, que foi segundo con 140 puntos, e o Celta de Vigo que con 137 puntos se proclamou terceiro.

Algúns dos atletas que competiron na Coruña tamén lograron mellorar as súas marcas persoais ademais de conseguir as mínimas para o campionato nacional. No equipo masculino Jorge Puig nos 800 metros, Sergio Paredes en lanzamento de martelo e Darío Costas en 110 metros valos lograron as mínimas para o campionato nacional júnior. Ademais foron primeiros Ángel Vargas nos 400 metros; Jorge Puig nos 800 metros; Fernando Rial nos 3.000 metros; Sergio Paredes en lanzamento de martelo; Darío Costas no salto de altura e o relevo 4x400 con Fernando Rial, Xavier Rodríguez, Jorge Puig e Alfonso Pérez.

Pola súa banda, o equipo feminino participou na competición tras doce anos e aínda que quedaron na última posición da clasificación dende o club pontevedrés valoran o seu traballo como positivo. Emma Ramos conseguiu a única vitoria parcial das rapazas da Gimnástica no salto con pértega, unha marca de 3 metros coa que fixo amínima para o campionato nacional xuvenil, mentres Eva Salcedo logro nos 400 metros un terceiro posto ademais de realizar unha marca persoal con 1.03.96 e a súa compañeira Claudia Puig foi terceira en lanzamento de xavelina.