A Gimnástica suma experiencia no Campionato de España Sub-20 de atletismo

Pontevedra
10 de xullo 2019

Os velocistas Alberto Argibay e Lucía Ferrer conseguiron en Granollers as súas mellores marcas persoais en 200 metros lisos e 100 metros valos, respectivamente

A Sociedade Gimnástica participa no campionato de España sub-20 en Granollers
A Sociedade Gimnástica participa no campionato de España sub-20 en Granollers / Sociedad Gimnástica

O campionato de España sub-20 celebrouse en Granollers a pasada fin de semana e nel participaron os atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra: Lucía Ferrer, Cristina Garrido, Carlos Argibay, Iris Vlches, Iria Filgueira e Roberto López.

A competición comezou con boas noticias para a escuadra lerezana pola clasificación de Lucía Ferrer e Cristina Garrido para as semifinais dos 100 metros lisos e a de Carlos Argibay para a dos 200 metros lisos. Menos sorte tivo Iria Vilches que, ao quedar quinta na súa serie, non logrou superar o corte nos 400 metros valos. O lado máis amargo da xornada protagonizouno Roberto López, que chegou tarde á cámara de chamadas e non puido competir na competición de salto con pértega.

A xornada do sábado concluíu coa final dos 100 metros lisos á que non conseguiron clasificarse ningunha das atletas do conxunto pontevedrés.

Ao día seguinte, Lucía Ferrer asinou a súa mellor marca persoal nos 100 metros valos, o que lle abriu a porta á final, na que acadou un meritorio sexto posto. Nas semifinais dos 200 metros lisos, Argibay tamén conseguiu o seu mellor marca da tempada. Con todo, o seu terceiro posto non foi suficiente para meterse na final.

A lanzadora Iria Filgueira concluíu a súa participación na competición de lanzamento de martelo en décimo primeira posición cunha marca de 40,84 metros.