Por terceiro ano consecutivo a Sociedad Gimnástica pecha o ano situado como o mellor club galego do ránking nacional.
O club pontevedrés sitúase actualmente no posto décimo sexto da clasificación que a Real Federación Española elabora coas marcas dos atletas ao longo da tempada, cun total de 4.525 puntos.
Este posto supón baixar un lugar con respecto ao pasado ano, cando se logrou a mellor clasificación histórica.
Como aspecto positivo, a Gimnástica valora o puntuar en todas as categorías, desde o ránking cadete ao promesa, junior, xuvenil e o absoluto.