Co comezo da primavera o atletismo en pista iniciou a súa tempada coa celebración en Pereiro de Aguiar do Campeonato de Galicia de 10.000 metros. A Sociedad Gimnástica asinou un inicio brillante desta nova etapa da tempada, xa que con 7 representantes sumou un total de 4 medallas.
Laura Goñi, foi a única representante feminina da Gimnástica, pero conseguiu un ouro na categoría promesa cun tempo de 43.07.36, mentres que os rapaces non puideron con Carlos Villamor, o que ata o ano pasado estivo enrolado no equipo pontevedrés, durante 4 tempadas, que se impuxo aos pontevedreses Rubén Diz, que non puido repetir o título do ano pasado e con 31.06.23, foi medalla de prata, mentres que o seu compañeiro, Iván Docampo, con 31.28.01, foi bronce, quedándose fóra do podio Javier Paredes, que asinou en meta 31.34.49.
A última medalla foi para Martín Taín, cun bronce na categoría promesa e un tempo de 34.56.68.
O próximo fin de semana, o tradicional Trofeo Reconquista de Vigo, reunirá máis atletas galegos no Estadio de Balaídos.
COMEZA A COMPETICIÿN EN PISTA
A finais de marzo xa se empezan a ver as primeiras competicións de atletismo en pista da tempada ao aire libre. Aínda que non son moitos os atletas que se adiantan a competir tan pronto, xa que adoitan facelo en abril, algúns se se animan, máis que nada como un adestramento de calidade.
Algúns dos atletas da Sociedade Ximnástica, realizaron boas competicións nos últimos días. Así na localidade de Tajamar en Madrid, Javier Guzmán foi segundo na proba de lanzamento de disco, con 46.07, unha marca que o pode colocar no equipo de División de Honra da Gimnástica.
En Pereiro de Aguiar celebrouse un control de marcas e nas pistas universitarias de Ourense outra xornada máis do Circuíto Galego de marcha. No control, Claudia Puig gañou a proba de lanzamento de xavelina feminino, e na marcha Eva Iglesias impúxose sobre a distancia de 5 quilómetros, batendo ademais a mellor marca da Sociedad Gimnástica con 23.16.68, o anterior con 24.12, tíñao Raquel Rodríguez Ferrera, dende o ano 1997.
Non han que esquecerse as carreiras en ruta, xa que Rafa Fuentes se impuxo na XXIV edición do Maratón de Dena, sobre aproximadamente 8 quilómetros de percorrido.