A Gimnástica, clasificada por quinto ano consecutivo para a Copa do Rei

Pontevedra
03 de xaneiro 2016

O equipo masculino do club pontevedrés será o único galego na competición atlética que se disputará o próximo 30 de xaneiro en Valencia

Equipo da Gimnástica na Copa do Rei 2015
Equipo da Gimnástica na Copa do Rei 2015 / Sociedad Gimnástica

Un ano máis, e van cinco consecutivos, a Sociedad Gimnástica estará representada nunha das competicións atléticas máis prestixiosas en España, a Copa do Rei.

Á mesma acoden os oito mellores equipos do ránking nacional, entre eles o masculino do club pontevedrés.

Os catro primeiros da última tempada en División de Honra tiñan xa a súa praza asegurada (Playas Castellón, FC Barcelona, Simply-Scorpio 71 e AD Marathon), mentres a Gimnástica entra por ránking tras contabilizar a puntuación oficial coas marcas dos atletas con 11.847 puntos, o que supón entrar por detrás de Giulia Pamplona, Fen Cami Misltata e Tenerife CajaCanarias.

A competición, que se celebra baixo teito, terá lugar o próximo 30 de xaneiro en Valencia, sendo a Gimnástica o único club galego clasificado.