A final do Mundial de rugby poderase seguir en pantalla xigante na carpa do Outubrofest

Pontevedra
25 de outubro 2023

O Pontevedra Rugby Club, organizador do evento gastronómico, chegou a un acordo coa plataforma Movistar+ para poder ofrecer en pantalla xigante a final da Copa do Mundo, así como o encontro polo terceiro e cuarto posto. "Pretendemos que sexa un evento que xenere unha impronta na cidade", asegura o presidente do club, Alberto Fernández 'Grifón'

'Haka' da Selección de Nova Zelandia no Mundial 2023 de rugby
'Haka' da Selección de Nova Zelandia no Mundial 2023 de rugby / Rugby World Cup

A final do Campionato do Mundo de Rugby tamén se vivirá en Pontevedra.

O Pontevedra Rugby Club (PRC), organizador desde este próximo venres 27 de outubro dunha nova edición do Outubrofest, confirmou a instalación dunha pantalla xigante para poder serguir en vivo os últimos e decisivos partidos do Mundial.

"Chegamos a un acordo con Movistar+", explicou na presentación do evento gastronómico o presidente do club, Alberto Fernández 'Grifón'. Con iso "pretendemos que sexa un evento que xenere unha impronta na cidade" promocionando o deporte do balón oval, asegurou.

A Outubrofest deste ano "coincide ou terceiro e cuarto posto este venres xa coa carpa aberta e sobre todo a final que será o sábado ás 21.00 horas", sinalou o representante do PRC.

Desta forma os afeccionados ao rugby e ao deporte en xeral da cidade poderán gozar da pantalla xigante para o duelo polo terceiro e cuarto posto do venres (21.00 horas) entre Arxentina e Inglaterra e sobre todo o sábado (21.00 horas) da gran final entre Nova Zelandia e Sudáfrica.