Teresa Abelleira está a só un partido de conseguir o soño de calquera futbolista, gañar o Campionato do Mundo, despois do triunfo de España este martes fronte a Suecia (2-1) nas semifinais do Campionato do Mundo que se está a disputar en Nova Zelandia e Australia.
Unha vez máis a centrocampista pontevedresa partiu de titular, como en todos e cada un dos partidos do torneo, e foi clave para a Selección polo seu peso no xogo do equipo. Ademais sacou o córner que acabou no gol do triunfo no minuto 90 de xogo.
Antes a semifinal fronte a Suecia foi un choque de tremenda emoción e igualdade. Comezou dominando España, pero sen grandes ocasións e co conxunto nórdico á espreita. Puido de feito marcar Aitana, pero tamén a sueca Rolfo, atopándose cunhas boa respostas de Cata na portería española.
Todo seguiu igual tras o descanso, pero empezou a cambiar tras a saída ao campo de Salma Paralluelo, heroína dos cuartos de final. A xogadora do Barcelona empezou a poñer en serios problemas coa súa velocidade á defensa de Suecia. Alba tivo a mellor ocasión do choque, pero foi a propia Salma a que lograría abrir o marcador no minuto 81 cun potente disparo coa dereita desde o punto de penalti.
¡GOOOOOOOOOOOOOOOOOOL! #MundialRTVE
— Teledeporte (@teledeporte) August 15, 2023
1 - 0 #FIFAWWC
¡! La @SEFutbolFem se adelanta a pocos minutos para el final del partido
Sigue la segunda parte en @La1_tve o aquí: https://t.co/sINO9mXK15pic.twitter.com/m0dLr2P4B5
A final estaba máis preto que nunca, aínda que o combinado sueco reaccionou para igualar a contenda no minuto 87 por medio de Blomqvist.
Con todo non estaba todo dito. A piques de cumprirse o tempo regulamentario, rozando o minuto 90, Tere Abelleira, brillante na organización e tamén en tarefas de contención, sacaba un córner desde a esquerda. Facíao cun servizo raso á frontal para a chegada de Olga Carmona, que cun potente zurdazo conseguía o definitivo 2-1 para manter vivo o soño de gañar o Mundial.
¡NOS VA A DAR ALGO! #MundialRTVE
— Teledeporte (@teledeporte) August 15, 2023
2 - 1 #FIFAWWC
¡! @SEFutbolFem
Sigue la segunda parte en @La1_tve o aquí: https://t.co/sINO9mXK15pic.twitter.com/JICzxqCA1a
A Tere Abelleira e a España só lle separan 90 minutos para conseguilo. Inglaterra ou Australia serán o rival na gran final do próximo domingo 20 de agosto.