A fichaxe de 'Chuli' segue a dar forma ao novo proxecto do Poio Pescamar

Poio
18 de xullo 2024

A futbolista cántabra é a cuarta incorporación estival do conxunto conserveiro. Chega ao club procedente do Viaxes Amarelle 

Chuli (dereita), no partido de liga entre Marín Futsal e Viaxes Amarelle na Raña
Chuli (dereita), no partido de liga entre Marín Futsal e Viaxes Amarelle na Raña /

O Poio Pescamar segue a dar pasos na formación dun equipo que volva aspirar aos postos de honra na Primeira División.

O conxunto conserveiro confirmou este xoves A que é a súa cuarta fichaxe, coa que empeza a deixar o seu plantel perfilado.

Trátase de Carmen Noreña Rodríguez, coñecida deportivamente como 'Chuli', á-pivote cántabra que a última tempada defendeu as cores do Viaxes Amarelle coruñés na máxima categoría anotando 15 goles en liga.

Chuli debutou en Primeira División co CD Leganés antes do alcanzar a maioría de idade, un equipo no que permaneceu cinco tempadas.

Coa súa chegada son xa once as xogadoras confirmadas polo Poio Pescamar para a tempada 24-25, ao unirse ás tamén fichadas Miri, Candela Soria e Èlia Gullí e ás renovadas Sandra Buzón, Elena, Elena Aragón, Ale de Paz, Irene, Laura Uña e Martita.