A Federación de Vela mantén a praza de Támara Echegoyen para os Xogos Olímpicos

Pontevedra
29 de marzo 2020

Entre os regatistas xa clasificados atópase a campioa en Londres 2012 Támara Echegoyen, que conservará a súa praza pese ao aprazamento dos Xogos Olímpicos

Támara Echegoyen e Paula Barceló celebran a medalla de ouro no Mundial de 49er FX
Támara Echegoyen e Paula Barceló celebran a medalla de ouro no Mundial de 49er FX / Sailing Energy

Despois de que o Comité Olímpico Internacional notificase que os Xogos Olímpicos de Tokio celebraranse no ano 2021 ante a situación da pandemia mundial polo coronavirus, son moitos os deportistas españois que deberán esperar para conseguir unha praza para o seu país, mentres que, os que xa a teñen, volverán aos adestramentos cando sexa posible.

Tal e como informou o Director de Preparación Olímpica da Federación Española de Vela, "aqueles deportistas que fosen seleccionados para acudir aos JJ.OO. conservarán a súa praza pese ao aprazamento de Tokio; esa praza é súa".

Esta noticia afecta directamente a Támara Echegoyen, campioa olímpica en Londres 2012, diploma en 2016 e xa clasificada para Tokio, e que agora manterá o seu billete á cita nipona puidendo centrarse sen preocupacións na súa preparación.

A campioa de vela atópase nestes momentos confinada no Centro de Alto Rendemento (CEAR) de Santander onde adestrará, xunto co resto de regatistas e adestradores españois, durante o tempo que duren as restricións impostas polo Goberno.