A exseleccionadora nacional de natación artística Esther Jaumá imparte un clínic este venres no CGTD

Pontevedra
16 de novembro 2022

A actual adestradora do combinado dos Países Baixos pasará o día coas nadadoras bolseiras do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e ao día seguinte desprazarase a Ourense para colaborar coa organización do campionato galego desta disciplina

Campeonato galego de inverno de natación artística en Pontemuíños
Campeonato galego de inverno de natación artística en Pontemuíños / Diego Torrado

A seleccionadora nacional de natación artística dos Países Baixos e exseleccionadora española, Esther Jaumá, visitará este venres as instalacións do Centro Galego de Tecnidifación Deportiva de Pontevedra.

A adestradora impartirá unha xornada técnica enfocada ás nadadoras bolseiras do centro. Jaumá traballará coas deportistas en dúas sesións, de mañá e de tarde.

Tamén poderán asistir a este evento todas as adestradoras dos equipos galegos, así como os árbitros do comité.

Ademais, coincidindo co Campionato Galego que se celebrará o día 19 en Ourense, Esther acudirá para apoiar ás nadadoras e realizar a función de controladora no torneo.