A expulsión de Cristóbal aos 30 minutos condena o Pontevedra B ante o Valladares (4-0)

Pontevedra
15 de abril 2013

O filial logrou chegar ao descanso en igualdade, pero rematou caendo claramente na segunda metade. Os granates deberán seguir loitando para distanciarse dos postos perigosos

Unha hora en inferioridade numérica foi demasiada lousa para o Pontevedra B na súa visita ao Valladares (4-0), que rematou sucumbindo na segunda metade.

A expulsión por vermello directo de Cristóbal Domínguez aos 30 minutos condicionou un choque que se presentaba igualado e no que o filial granate buscaba afastarse dos postos perigosos, especialmente tendo en conta os posibles arrastres que poderían producirse polos descensos de Terceira División.

Todos os goles chegaron na segunda parte, con dous tantos de ÿscar, un de Bruno e outro de Miguel.

CD VALLADARES (4): Adrián, Cristian, Suso (Chori, min.77), Calado, Gonzalo, Víctor (Lijó, min.80), Bruno (Isma, min.70), ÿscar, Miguel, Luis, Cacho (Tomás, min.70).

PONTEVEDRA CF B (0): Edu Sousa, Chicho, Uru, Cristóbal, Bruno, Collazo (Dani Adán, min.69), Paco (Portu, min.80), Buba, Víctor (Pedro, min.80), Héctor, Pibe (Pingüi, min.75).

Árbitro: Veiga López (Lugo). Amoestou aos locais Cristian e Miguel e aos visitantes Edu Sousa e Collazo. Expulsou por vermello directo a Cristóbal (min.30).

Goles: 1-0 ÿscar, min.50; 2-0 Bruno, min.59; 3-0 ÿscar, min.67; 4-0 Miguel, min.76.

Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara.