A experiencia cubana do boxeador Aarón González

Marín
30 de agosto 2017

O púxil marinense caba de regresar da illa caribeña tras un 'stage' de adestramento na Habana onde puido compartir experiencias con algúns dos mellores adestradores do panorama internacional

Aarón González na Escuela de Boxeo de Centrohabana
Aarón González na Escuela de Boxeo de Centrohabana / Aarón González

O boxeador marinense Aarón González acaba de regresar dunha frutífera estancia na Habana, Cuba, ata onde se desprazou para aprender dalgúns dos mellores adestradores do mundo.

Aarón permaneceu un mes na capital cubana coa intención de aumentar o seu nivel técnico e táctico no boxeo olímpico, xa que en Cuba atópanse algúns do preparador máis prestixiosos e "o mellor sistema metodolóxico de ensino do boxeo", recoñeceu.

O púxil do Team Thunder adestrouse ás ordes de Carlos Manuel Miranda Lao nas instalacións da prestixiosa Sala Polivalente Kid Chocolate, un ximnasio que no útimo ano recibiu a deportistas de 72 países.

O marinense puido compatir luvas con varios boxeadores de alto nivel, como o campión cubano do peso superlixeiro ou o campión da Habana do seu mesmo peso. 

Carlos Miranda foi adestrador da selección cubana durante anos levando da súa man a campións panamericanos, mundiais e medallístas olímpicos.

Ademais de adestrar na Sala Kid Chocolate, Aarón visitou outros ximnasios como a Sala Trejo e a Escola de Boxeo de Centrohabana, pechando a súa experiencia cubana cunha visita a Alcides Sagarra, considerado como "mellor adestrador do Século XX".

Por todo iso o boxeador, actual campión de España, considerou a experiencia vivida no país caribeño como "moi positiva".