O percorrido da primeira das etapas da Vuelta a España 2014 que pasará pola provincia de Pontevedra foi desvelado este sábado pola Deputación.
Esta etapa, que se disputará o xoves 11 de setembro, terá como punto de partida A Estrada e final xunto ao campo de golf de Monte Castrove, no municipio de Meis.
Polo medio a caravana multicolor percorrerá ata 15 concellos da provincia, xa que dende A Estrada se dirixirá a Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, internarase nas bisbarras do Salnés e Arousa pasando por Vilagarcía e Cambados entre outros municipios para dirixirse en última instancia ao Monte Castrive pasando previamente polo Mosteiro da Armenteira.
A Deputación anunciou ademais que traballa coa empresa organizadora, Unipublic, para pechar o percorrido dunha segunda etapa na que terá máis peso o sur da provincia.
Será o cuarto ano consecutivo que a volta ciclista conte con algunha das súas xornadas en Pontevedra, o que supoñerá tamén o aloxamento da caravana da proba durante tres noites en hoteis da zona.