A España de Tere Abelleira inicia este venres a súa aventura no mundial

Pontevedra
20 de xullo 2023

A Selección debuta este venres ás 9.30 contra o combinado de Costa Rica na primeira xornada do grupo C, no que están tamén Zambia e Xapón

Tere Abelleira (centro) durante un adestramento da Selección Española en Nova Zelandia para a preparación do mundial
Tere Abelleira (centro) durante un adestramento da Selección Española en Nova Zelandia para a preparación do mundial

A Selección Española de fútbol conta as horas para o seu debut na Copa do Mundo que xa se está disputando en Australia e Nova Zelandia. A Vermella, coa pontevedresa Tere Abelleira nas súas filas, comeza este venres a súa andaina no campionato coa disputa do primeiro partido da fase de grupos fronte a Costa Rica ás 9.30, hora española.

O combinado que dirixe Jorge Vilda debe superar, ademais da o combinado centroamericano, ás seleccións de Xapón e Zambia se quere pasar á seguinte fase do mundial. A segunda xornada está prevista para o día 26 de xullo ás 9.30 horas contra Zambia, mentres que o último duelo da fase de grupos terá lugar o día 31 ás 9 horas fronte a Xapón.

Se a Vermella logra clasificarse para oitavos de final, enfrontarase contra as seleccións do grupo A. En caso de ser primeiras de grupo mediranse ao segundo clasificado, mentres que se pasan como segundas enfrontaranse ao campión do grupo. 

No último duelo de preparación antes do debut mundialista, España mediuse a Vietnam, ao que golearon por 9-0 nun partido no que a pontevedresa Tere Abelleira partiu desde o banco.