A 'épica' comeza na Avenida Montero Ríos

Pontevedra
31 de maio 2019

A terceira edición da Epic Race de BTT deu este venres a bandeira de saída aos participantes, que afrontarán ata o domingo un percorrido de case 550 quilómetros cun desnivel positivo acumulado de 13.000 metros 

Saída da terceira edición da Epic Race de BTT
Saída da terceira edición da Epic Race de BTT / Nacho Fuentes

A terceira edición da Epic Race de BTT deu a súa saída este venres ás 14:00 horas aos participantes desde a Avenida Monte Ríos de Pontevedra.

Por diante, os ciclistas deberán afrontar un esixente percorrido en formato 'non stop' de case 550 quilómetros cun desnivel positivo acumulado de 13.000 metros.

Os aventureiros deben completar este percorrido nun prazo máximo de 51 horas, toda unha xesta que se verá agrandada pola calor que se espera durante a xornada inicial e tamén durante o sábado, o que engadirá un punto extra de dureza.

Serán en total 8 etapas que atravesarán os municipios de Moraña, Vila de Cruces, Meis, Pontevedra, Ponte Caldelas, Ponteareas e Redondela, finalizando o vindeiro domingo de novo na capital provincial

A Epic Race completarase coa carreira reducida, a Half Epic Race, con 270 quilómetros e 6.700 metros de desnivel positivo acumulado que terá a súa saída este sábado.

En total, entre ambas as categorías, participan na proba preto de 200 deportistas.