A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra contaxiarase o vindeiro sábado 14 de xaneiro coa "diversión" do waterpolo alevín.
Alí disputarase o Campionato Galego de Inverno da categoría, no que participarán seis equipos durante toda a xornada.
En horario matinal, de 12:00 a 14:00 horas, disputaranse os encontros da fase de grupos, mentres de 16:00 a 21:00 horas celebrarase a fase final.
"El miniwaterpolo es divertido de ver, porque los niños juegan sólo para pasarlo bien", sinalou como invitación á acuidir ao CGTD o director técnico do Waterpolo Pontevedra, Javi de Sáa.
Participarán na xornada, ademais do Waterpolo Pontevedra como anfitrión, o CW Santiago A e B, RCN Vigo A e B e o CN Coruña.